Neste tema estudamos osdispositivos que se poden conectar a un ordenador, os novosperiféricos que amplían as posibilidades do ordenador e, por outra parte, os que xa existen e que son mellorados grazas ós avances tecnolóxicos, co que se incrementa o rendemento global do equipo.Nos últimos tempos apareceron numerosos dispositivos con prestacións de ordenador comoteléfonos móbiles, as PDA, reprodutores de vídeo e son (MP3, iPOD), navegadores GPS, videoconsolas, etc.
A arquitectura básica dun ordenador está formada polos seguintes elementos:
-O hardware: está constituído por unha Unidade Central de Proceso (Central Process Unit = CPU), amemoria, os periféricos de entrada e saída e osdispositivos de almaceamento.
A CPU está formada pola placa base, o chipset e omicroprocesador.
Hai diferentes tipos de memoria con distintas funcións como son a memoria RAM, a memoria caché, amemoria virtual, a memoria ROM-BIOS e a memoria RAM CMOS.
Os portos de comunicación máis frecuentes son os portos serie, os portos paralelos e os p
ortos USB.

Os avances tecnolóxicos no mundo da informática sucédense de forma vertixinosa e resulta moi complicado enumeralos todos. Existen moitos proxectos en perspectiva e só o tempos saberá se son ou non realizables.
Nas últimas décadas é máis difícil distinguir as novas xeracións, xa que os cambios foron graduais e existe certa continuidade nas tecnoloxías usadas. En principio, pódense distinguir:
-1ª Xeración (1945-1956): electrónica implementar con tubos de baleiro. Foron as primeiras máquinas que desprazaron os compoñentes electromecánicos (relés).
-2ª Xeración (1957-1963): electrónica desenvolvida con transistores. A lóxica discreta era moi parecida á anterior, pero a implementación resultou moito máis pequena, reducindo, entre outros factores, o tamaño dun computador en notable escala.
-3ª Xeración (1964-hoxe): electrónica baseada en circuítos integrados. Esta tecnoloxía permitiu integrar centos de transistores e outros compoñentes electrónicos nun único circuíto integrado imprimido nunha pastilla de silicio. As computadoras reduciron así considerablemente o seu custo, consumo e tamaño, incrementándose a súa capacidade, velocidade e fiabilidade, ata producir máquinas como as que existen na actualidade.
-4ª Xeración (futuro): probablemente se orixinará cando os circuítos de silicio, integrados a alta escala, sexan substituídos por un novo tipo de material ou tecnoloxía.
Neste tema, aparte de estudar os apartados arriba mencionados
Para aceder a o Tema 2 de Google Sites pincha aquí.
Para aceder a o Tema 2 de Google Sites pincha aquí.