Tonhito de Poi. Musica Galega

Redes P2P

lunes, 17 de febrero de 2014

Impresora 3D

As impresoras 3D basicamente creáronse para transformar arquivos CAD en 3 dimensións en prototipos reais. Do mesmo modo que unha impresora convencional é capaz de imprimir unha folla de papel cos esquemas realizados nun programa CAD 2 D, as impresoras 3D son capaces de dar corpo aos deseños en 3 dimensións.

As versións comerciais constrúen pezas a partir dos datos dun arquivo CAD en formato.STL (monocromo) ou.VRML (cor). Ambas as dúas fabrican a peza capa a capa. A xeometría do modelo constrúese esparexendo unha capa de po, imprimindo unha sección horizontal da peza e despois repetindo o proceso (esparexer po e imprimir sección) ata rematar a peza.





As capas constrúense unha enriba doutra ata que a peza se completa. A xeometría da peza sopórtase grazas ao po "non-imprimido", o que permite un amplo rango de complexidade nas pezas. Esta tecnoloxía non necesita estruturas de soporte durante a fase de construción, xa que o po cumpre esa función ata que a peza se desenterra da cubeta de fabricación.



Vídeo do funcionamento dunha impresora 3D.
 

Para máis información pincha AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario