Tonhito de Poi. Musica Galega

Redes P2P

miércoles, 26 de febrero de 2014

Pregunta 7

Pregunta 7
Os principais usos deste tipo de memorias son as baterías de teléfonos móbiles,
PDAs (Persoal Digital Assistant), cámaras de fotos dixitais, reprodutores MP3, etc.
Segundo a súa potencia e a súa precisión, permiten un número limitado e variable de escrituras
e borrados. Constan de portas lóxicas NOR e NAND para almacenar os seus
correspondentes ceros e unos(como mais tarde veremos en "Principios de
funcionamento").
As memorias flash tamén presentan outras características, como:

-Gran resistencia aos golpes
-Moi silencioso
-Baixo consumo
-Pequeno tamaño
-Moi lixeiro e versátil
-Elevada resistencia térmica
Despues veremos o funcionamento das memorias de portas NAND eNOR,
neste apartado limitarémonos a dar unhas breves características de comparación:



FUNCIONAMENTO
O tipo NOR permite unha lectura e escritura máis lenta que NAND, pero arquiva moi
rápido as rutas de acceso aleatorias. Isto fai que NOR sexa máis axeitado para a
execución e almacenamento de comandos, mentres que NAND é máis indicado para
o almacenamento masivo de datos.
En canto á arquitectura, NAND pode almacenar máis datos nun espazo de silicio
máis pequeno, o que aforra o custo por bit. No pasado, cando o almacenamento de
datos era máis baixo, NOR tivo maior influencia no mercado. Hoxe, co grande
incremento da necesidade de gardar máis datos, o consumo da electrónica e o
negocio dos dispositivos, NAND superou de lonxe a NOR.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario